Maroto denuncia o remitente da carta que recibiu coa navalla ensanguentada
A ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, xa denunciou o remitente da carta coa navalla aparentemente ensanguentada que recibiu este luns. Ademais, anunciou que se van adoptar as medidas oportunas para que esa persoa dea a súa versión sobre o obxectivo da misiva.
Respecto ás posibles coincidencias entre a autoría desta carta e as que recibiron o ministro do Interior, o candidato de Unidas Podemos á Comunidade de Madrid e a directora xeral da Garda Civil, Maroto considerou na cadena Ser que "é un pouco distinta" porque ten remitente, polo que podería tratárense dun feito illado, a diferenza das outras tres.
Porén, a ministra pediu deixar que a investigación siga o seu curso e insistiu na importancia de denunciar as ameazas, ademais de agradecer todas as mostras de apoio e solidariedade recibidas.
"Camuflada" cun plástico
Segundo a Ministra, a carta chegou ao Ministerio o venres pola tarde, "camuflada" cun plástico que impedía ver o que estaba debaixo. Tras abrila a súa secretaria, explicou, avisou o xefe de seguridade.
Maroto amosouse sorprendida polo contido e asegurou que nunca recibira ameazas previas. Dixo que é unha ministra "dialogante", que traballa na procura do consenso, non adoita crispar e non tivo nunca sensación de inseguridade, senón que recibiu o agarimo e o apoio da xente.
Porén, salientou o clima de crispación que se está a vivir non só na campaña electoral de Madrid, senón, desde hai xa meses, no Congreso, nos parlamentos autonómicos e na rúa. Na súa opinión, con este tipo de ameazas "todos perdemos".
Posibles vinculacións
A Policía Científica tenta determinar se o remitente das tres cartas con balas e ameazas dirixidas a Fernando Grande-Marlaska, Pablo Iglesias e María Gámez é o mesmo que lle enviou a navalla á ministra de Industria.
Buscan restos de ADN e pegadas, ademais de estudar o papel e a caligrafía, xa que nos tres envíos anónimos se inclúen mensaxes manuscritas.
"Tes dez días para dimitir. O tempo de rirte de nós rematou. Policía Nacional. Garda Civil. O tempo telo en contra para os taponazos", podíase ler no papel dentro do sobre con cuño do 19 de abril dirixido a Grande-Marlaska, en que se incluían dous cartuchos sen percutir do calibre 7,62 x 51.
Fontes próximas á investigación consideran que o autor desta carta é o mesmo que enviou sobres con mensaxes similares e balas ao ex vicepresidente segundo e candidato de Podemos á Comunidade de Madrid, Pablo Iglesias, e á directora xeral da Garda Civil, María Gámez.
A estas pescudas, engaden agora a análise do sobre acolchado de cor marrón que chegou ao despacho da ministra de Industria. O envío, con orixe na localidade madrileña do Escorial, ten data do 21 de abril.
Tentarán determinar a persoa ou persoas remitentes e se o "ensanguentado" da navalla ten orixe artificial, humana ou animal.
Mostras de apoio
A resposta da ministra de Industria chegou a través das redes sociais, onde agradeceu as mostras de apoio e asegurou que "as ameazas e a violencia non van calar a voz da democracia".
Las amenazas y la violencia nunca acallarán la voz de la democracia. La libertad prevalecerá. Muchas gracias por todas las muestras de apoyo en un día que refuerza mi voluntad de trabajar por un futuro mejor.
— Reyes Maroto (@MarotoReyes) April 26, 2021
Entre esas mostras de solidariedade a da ministra de Igualdade, Irene Montero, condenou estes feitos: "Todo o meu apoio antifascista para a ministra Reyes Maroto. As ameazas fascistas aos e as compoñentes dun Goberno democrático son intolerables".
O candidato de Unidas Podemos, Pablo Iglesias, expresou a súa solidariedade coa ministra. "Xa está ben de ameazas fascistas", escribiu nunha mensaxe en redes sociais. Pola súa banda, a candidata de Más Madrid, Mónica García, preguntouse cantas ameazas máis fan falta para que Ayuso "deixe de avalar a política do odio da extrema dereita".
Toda nuestra solidaridad con Reyes Maroto. Ya está bien de amenazas fascistas
— Pablo Iglesias (@PabloIglesias) April 26, 2021
Toda mi solidaridad y mi condena absoluta a la amenaza sufrida por la ministra Reyes Maroto.
— Mónica García (@Monica_Garcia_G) April 26, 2021
¿Cuántas amenazas más hacen falta para que Ayuso deje de avalar la política del odio de la extrema derecha?
Pola súa parte, Isabel Díaz Ayuso, tamén a través das redes sociais, condenou os feitos e dixo que "as ameazas aos representantes públicos non teñen sentido nun país en liberdade".
Las amenazas a los representantes públicos no tienen sentido en un país en Libertad.
— Isabel Díaz Ayuso (@IdiazAyuso) April 26, 2021
Mi condena a estos incalificables últimos actos.
A ministra de Industria foi anunciada hai semanas como número dous de Ángel Gabilondo, e futura vicepresidenta da Comunidade de Madrid, en caso de que o PSOE alcanzase a vitoria nestes comicios.
No caso de Vox, o partido da ultradereita tamén denunciou a ameaza contra Maroto, e pediu "a todos os partidos que condenen toda a violencia". Ao mesmo tempo anunciaban que se presentarían nesta causa.
‼ #ÚLTIMAHORA
— VOX
Denunciamos esta amenaza, como todas. Nos personaremos en la causa.
Pedimos de nuevo a todos los partidos que condenen toda la violencia. https://t.co/5Y020OP6SX