CRTVG

Buscar

A ministra en funcións María Jesús Montero anuncia unha suba do 0,25% na nómina de xullo dos funcionarios

Publicado o 11/06/2019 13:46
A ministra en funcións María Jesús Montero anuncia unha suba do 0,25% na nómina de xullo dos funcionarios

Os empregados públicos verán incrementada a nómina de xullo nun 0,25%. Así o anunciou a ministra en funcións María Jesús Montero.

Esta medida beneficia os tres millóns de empregados públicos que traballan para Estado, comunidades autónomas, corporacións locais e demais.

O incremento era o único que faltaba por pagar ata a data do acordo asinado polo Goberno de Rajoy e os sindicatos de funcionarios. Este 0,25% dependía de que o PIB de 2018 crecese un 2,5% ou máis. Ao avanzar un 2,6%, o aboamento, que se debía facer desde o 1 de xullo, estaba pendente de aprobarse

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí