CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

A ministra de Xustiza critica a demanda cotra Llarena e di que o Goberno actúa para defender a xurisdición española

Publicado o 11/09/2018 21:11





A ministra de Xustiza di que dende o primeiro momento a súa intención foi defender o xuíz Llarena e mais a xurisdición de España. Dolores Delgado compareceu no Congreso para explicar a xestión do Goberno da demanda en Bélxica contra o instrutor do 'procés'. PP e Ciudadanos cren que houbo ambigüidade e cambios de criterio.

A titular de Xustiza explicou os pasos que deu o seu Ministerio e o de Exteriores tras coñecer a demanda civil presentada por Carles Puigdemont en Bruxelas contra o xuíz Llarena. Dolores Delgado defendeu que actuou sempre con responsabilidade para defender o instrutor do 'procés' e maila soberanía xurisdicional de España.

PP e Ciudadanos cren que o Goberno deu bandazos e reaccionou con confusión na defensa de Llarena. Dende Unidos Podemos critican o gasto dun caso que ven sobredimensionado.
INSERTO GÓMEZ.
INSERTO SANTOS.
INSERTO MORO.
O tribunal belga aprazou ata o 25 de setembro a vista formal da demanda contra o xuíz Llarena.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

11/09/2018