CRTVG

Buscar

A ministra de Xustiza abandoa un acto no que unha representante da Generalitat fala de "presos políticos"

Publicado o 05/05/2019 21:41

A ministra de Xustiza, Dolores Delgado, participaba na homenaxe da Generalitat aos republicanos deportados durante o nazismo ata o momento no que intervén a directora xeral da Memoria Democrática do Goberno catalán. En Mauthausen e diante dunha placa colocada polo ex-conselleiro Raül Romeva, Genma Doménech lembra os membros do goberno catalán na cadea. dos que di se atopan na" triste condición de presos políticos".

A ministra abandoaba o acto, tras escoitar a expresión "presos políticos" en referencia aos ex-membros do Govern en prisión preventiva, pola organización do referendo, e pedía respecto para as institucións xudiciais.


Dolores Delgado  aseguraba que  "non podemos interferir na independencia xudicial, nin na autonomía do Ministerio Fiscal, os tribunais teñen que seguir adiante porque son os que garanten os nosos dereitos e as nosas liberdades". "Calquera actitude de exclusión, contravén o que aquí se forxou, que foi a solidariedade entre demócratas"

Logo a titular de xustixa depositou un ramo de flores ante outra placa de recordo ás vitimas españolas do nazismo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/05/2019