CRTVG

Buscar

A ministra de Traballo non irá a mobilizacións e cre que as mulleres deben ser exemplares e responsables

Publicado o 06/03/2021 16:20

Yolanda Díaz asegura que hai moitas formas para reivindicar o Día da Muller. Ante o 8-M anuncia que non vai asistir a ningunha manifestación ou concentración pola responsabilidade ante a actual situación de pandemia en España e cre que as mulleres fronte a outros colectivos teñen que ser exemplares e responsables coa situación sanitaria.
 

A titular de Traballo facía estas declaracións en Santiago de Compostela antes de recibir, xunto a outros dous sindicalistas, o Premio 10 de Marzo que entrega Comisións Obreiras. Yolanda Díaz agradeceu o recoñecemento e defendeu o labor do sindicalismo, imprescindible, dixo, para unha democracia forte.

E quixo compartir o premio coa mesa do diálogo social na que empresarios, sindicatos e Goberno traballan para modernizar o mercado laboral.

 

 

 

Noticias web

06/03/2021