CRTVG

Buscar

A ministra de Traballo garante a prórroga dos ERTE, malia o bloqueo das negociacións

Publicado o 18/09/2020 14:58

As negociacións para consensuar a cuarta prórroga dos ERTE están estancadas polas discrepancias na mesa do diálogo social.

Ás críticas da CEOE, que acusa a Seguridade Social de falta de rigor nos datos dos expedientes, súmanse as diferenzas para fixar as condicións da prórroga. O principal punto de bloqueo é a proposta de limitar os ERTE aos sectores máis afectados, como o turismo ou a cultura. Para eles, o Goberno propón exoneracións de máis do 80 por cento. A ministra de Traballo agradecía hoxe o papel dos empresarios, aos que pide un esforzo para prorrogar as axudas.

Noticias web

18/09/2020