CRTVG

Buscar

A ministra de Traballo di que quen ten que solucionar o problema de Alcoa é a Xunta

Publicado o 06/07/2020 15:22

O comité de empresa de Alcoa San Cibrao solicitou hoxe a paralización do ERE. Cren que é imposible continuar as negociacións co brote detectado na Mariña. Ao conflito de Alcoa tamén se referiu esta mañá a ministra de Traballo, Yolanda Díaz, desde Santiago de Compostela. 

A ministra de Traballo dixo que descoñece os termos da reunión prevista para mañá entre traballadores e Ministerio de Industria e asegurou que as competencias en materia industrial non son do Goberno estatal, senón da Xunta.

 

Noticias web

06/07/2020