CRTVG

Buscar

A ministra de Traballo adianta que "en poucos días haberá un acordo" para prolongar os ERTE

Publicado o 19/09/2020 21:32

O goberno confía na prolongación dos ertes máis alá do 30 de setembro. A Ministra de Traballo adiantaba hoxe que "en poucos días haberá un acordo" ao respecto.

Tras a reunión cos sindicatos UGT e CCOO en Cataluña, Yolanda Díaz, dixo que as negociacións na mesa do diálogo social van "ben "e mandou unha mensaxe de "tranquilidade ás empresas e traballadores".

Afirmou que os parados fixos discontinuos contarán cunha prestación e que o goberno estuda a extensión da baixa por corentena, aos pais que teñan fillos facendo illamento.

Segundo a Ministra, a día de hoxe 773.000 empregados están afectados por ertes e manterán a súa prestación. Díaz descarta que a base reguladora baixe do 70 ao 50 por cento, aos seis meses de cobro.

 

Noticias web

19/09/2020