CRTVG

Buscar

Darias fala dunha nova repunta do virus e pide prudencia

Publicado o 29/03/2021 14:44

A ministra de Sanidade di que hai unha clara repunta do virus estes días, especialmente nalgunhas comunidades, como Cataluña, Madrid ou Andalucía. Porén, asegura que aínda está por ver se iso derivará nunha cuarta onda, e de ser así, que alcance tería.

Carolina Darias fala de dous factores que poden conter o avance dos virus. Por unha banda, salienta a porcentaxe de xente que xa está inmunizada e que vai en aumento. Por outra, as medidas consensuadas polas comunidades e o Ministerio para reduciren a mobilidade na ponte de San Xosé e durante a Semana Santa.

 

Noticias web

29/03/2021