CRTVG

Buscar

A ministra de Sanidade anuncia a fin do copago farmacéutico nesta lexislatura

Publicado o 12/07/2018 14:54

A ministra de Sanidade anuncia a fin do copago farmacéutico nesta lexislatura. Carmen Montón asegura que a eliminación será progresiva e comezará a aplicarse a pensionistas en situación de maior vulnerabilidade.

A eliminación do copago farmacéutico é unha das medidas propostas por Carmen Montón na Comisión de Sanidade do Congreso. A ministra non especificou o calendario da supresión total pero anunciou que comezará a aplicarse a pensionistas en situación de maior vulnerabilidade.

Tamén anunciou, para as próximas semanas, a modificación do decreto para recuperar a universalidade da asistencia sanitaria e a cotización das persoas coidadoras non profesionais. Para financiar estas medidas asegurou que se van activar os fondos de cohesión e garantía asistencial; eliminaranse duplicidades, potenciaranse as compras centralizadas e o uso dos xenéricos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/07/2018