A ministra de Política Territorial presenta en Ferrol novas axudas para os concellos
A ministra de Política Territorial e Función Pública, Carolina Darias, foi recibida hoxe polo alcalde de Ferrol, Ángel Mato, acompañados polo delegado do goberno Javier Losada.
Salientaron a importancia de manter a unidade e a colaboración coas entidades locais para superar a pandemia actual.
A ministra tamén reclamou a colaboración do Partido Popular para aprobar os presupostos xerais do Estado, un trámite necesario para que España poida recibir 140 mil millóns de euros do fondo europeo para a reconstrucción.
Na súa primeira visita a un concello galego, a ministra tamén celebrou unha reunión de traballo cos voceiros dos grupos municipais en Ferrol. Animou ás entidades locais a solicitar as axudas do Estado aprobadas por real decreto para reparar danos causados por temporais e outras situacións catastróficas producidos entre abril 2019 e marzo 2020,
A sinatura no libro de ouro de Ferrol e un paso polas Meninas do barrio de Canido completaron a visita.