A ministra de Industria di que contemplan todas as opcións sobre o futuro da planta de Alcoa
Sobre a planta de Alcoa en San Cibrao, estes días houbo novas contraditorias sobre o seu futuro e hoxe a ministra de Industria aclaraba nunha entrevista o posicionamento do Goberno
Os traballadores desta factoría están moi pendentes dos movementos que se producen a nivel político.
Tras as novas contraditorias das últimas xornadas, o Goberno asegura agora que traballa para expropiar a fábrica de Alcoa en San Cibrao.
A ministra de Industria explica que esta é unha das alternativas que están sobre a mesa do Executivo no conflito aberto na planta luguesa. Reyes Maroto asegura que o Goberno chegará onde teña que chegar.
Nunha entrevista publicada este domingo polo Periódico, explica que o obxectivo é manter a capacidade produtiva de San Cibrao e con isto o emprego dunha planta que define como estratéxica. A ministra matiza que teñen que ver a parte xurídica e a idoneidade coa Comisión Europea para ver la é a mellor alternativa para o futuro da planta.
Os traballadores desta factoría están moi pendentes dos movementos que se producen a nivel político. Tralas novas contraditorias das últimas xornadas, o Goberno asegura agora que traballa para expropiar a fábrica de Alcoa en San Cibrao.
A ministra de Industria explica que esta é unha das alternativas que están sobre a mesa do Executivo no conflito aberto na planta luguesa. Reyes Maroto asegura que o Goberno chegará onde teña que chegar.
Nunha entrevista publicada este domingo por El Periódico, explica que o obxectivo é manter a capacidade produtiva de San Cibrao e con isto o emprego dunha planta que define como estratéxica. A ministra matiza que teñen que ver a parte xurídica e a idoneidade coa Comisión Europea para ver la é a mellor alternativa para o futuro da planta.