CRTVG

Buscar

A ministra de Industria di da venda de Alcoa que "é a solución que todos queriamos"

Publicado o 05/07/2019 21:27

Desde o Ministerio de Industria valoran positivamente o acordo de venda de Alcoa. Reyes Maroto ve nesta operación a posibilidade de traballar nun proxecto de futuro para as factorías da Coruña e Avilés máis alá dos dous anos comprometidos pola compradora Parter. A ministra en funcións di que a vontade do goberno é darlle un marco de seguridade á industria electrointensiva para que sexa viable.
"A nosa vontade é traballar non só polas dúas factorias de Alcoa senón que tamén polo conxunto da industria electrointensiva para darlle un marco de seguridade en relación ao prezo enerxético, que é no que estamos traballando co estatuto da industria electrointensiva", di Reyes Maroto, ministra de Industria en funcións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/07/2019