CRTVG

Buscar

A ministra de Industria búscalles solución aos 85 traballadores da coruñesa Isowat Made

Publicado o 03/01/2019 16:38

Buscan solución os 85 traballadores de Isowat Made na Coruña, empresa dedicada á industria eléctrica e con dúas sedes: unha no polígono corunés da Grela e outra en Medina del Campo. A ministra de Industria, Reyes Maroto, está a mediar entre a parte investidora e maila acredora para chegar a un acordo que permita manter a actividade empresarial. A ministra lembra que existen dous compradores, pero que a venda ten que ser conxunta.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/01/2019