A ministra de Facenda descarta, de momento, vencellar a pensión de viuvez ao nivel de renda
Publicado o 20/03/2019 15:19
A ministra de Facenda di que, de momento, non estudan vencellar a pensión de viuvez ao nivel de renda, como defende o secretario de Estado da Seguridade Social. Octavio Granado non ve sentido a que unha persoa viúva con ingresos altos, superiores aos do cónxuxe falecido, reciba unha pensión vitalicia, e pediu un pacto político e social para aplicar esa corrección nas pensións futuras. A ministra de Facenda di que é unha proposta persoal que, de momento, non está sobre a mesa.
Máis sobre actualidade
06/03/2021 23:05