CRTVG

Buscar

A ministra de Facenda culpa o PP do prezo actual da electricidade

Publicado o 10/08/2021 14:55

A ministra de Facenda culpa os gobernos de José María Aznar e de Mariano Rajoy dos prezos actuais da electricidade, por acabar "co impulso das enerxías alternativas, das enerxías renovables". 

Para María Jesús Montero, "se o goberno de Rajoy continuase coa aposta que fixera o Goberno de Zapatero, hoxe por hoxe non estariamos asistindo a este prezo desorbitado da enerxía".

Noticias web

10/08/2021