CRTVG

Buscar

A ministra de Facenda amósase "optimista" con ter novos presupostos "antes do verán"

Publicado o 19/01/2020 15:07
A ministra de Facenda amósase "optimista" con ter novos presupostos "antes do verán"

A ministra de Facenda e voceira do Goberno, nunha entrevista no xornal El País, sinalou que España está por debaixo da presión fiscal en Europa, que o noso sistema "ten marxe para buscar novas figuras impositivas" e que queren "estudar a fondo" o "imposto de sociedades".

María Jesús Montero, noutra entrevista en La Sexta Noche, amosouse optimista sobre a aprobación dos Presupostos Xerais do Estado. Asegurou que o executivo pretende sacalos adiante e estar a traballar con eles antes do verán, tras dous anos de orzamentos prorrogados. Incidiu en que "se acordou a gobernabilidade" e que, por tanto, "niso entrarían os presupostos", dixo en referencia a que a súa aprobación estaría supeditada ao apoio de grupos parlamentarios coma ERC.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/01/2020