CRTVG

Buscar

A ministra de Facenda abre a porta a atrasar a presentación dos orzamentos

Publicado o 12/08/2018 22:27

A ministra de Facenda, María Jesús Montero, abriu a porta a atrasar máis aló de setembro a presentación dos orzamentos do 2019, co obxectivo de aprobalos unha vez que estean pactados con outras formacións políticas.

"Se non dá tempo a que se pacte cos grupos políticos no mes de setembro e evidentemente o importante é chegar a un acordo, podemos presentalos en novembro e igualmente entrarían en vigor o 1 de xaneiro".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/08/2018