A ministra de Exteriores di que Guaidó "é o presidente encargado de Venezuela e á vez o líder da oposición"
Publicado o 14/02/2020 18:41
Despois da polémica suscitada porque Pedro Sánchez se referiu a Juan Guaidó só como líder da oposición venezolana, a ministra de Exteriores aclara que é tamén o presidente encargado de Venezuela. "O señor Guaidó é dúas cousas á vez: presidente encargado, título que lle recoñeceu unha parte importante da comunidade internacional, incluída España; pero á vez é o líder da oposición en Venezuela".