CRTVG

Buscar

A ministra de Exteriores condecora á ativista polos dereitos da muller Nehad Abul Komsan

Publicado o 17/10/2020 23:32
A ministra de Exteriores condecora á ativista polos dereitos da muller Nehad Abul Komsan

A ministra de Exteriores condecora a Nehad Abul Komsan

A ministra de Asuntos Exteriores, Arancha González Laya, condecorou en Exipto á ativista polos dereitos da muller, Nehad Abul Komsan. Concedeulle a Orde do Mérito Civil. O acto desenvolveuse na cidade do Cairo durante a visita oficial que a ministra realiza ao país árabe. A distinción recoñece a traxectoria de Komsan por poñer facer unha decidida defensa dos Dereitos Humanos en Exipto.
Nehab Abul Komnsan é fundadora do Centro Exipcio para os Dereitos da Muller. Nel presta asesoría legal a mulleres e organizacións. Tamén realizou campañas para cambiar o Código Penal do seu país, protexer ás vítimas de violación e igualar os dereitos de homes e mulleres á hora de herdar. Komnsan é unha estrela da televisión exipcia, onde ten un programa diario seguido por máis de dez millóns de persoas.