CRTVG

Buscar

A ministra de Exteriores, Arancha González, recibirá este sábado a Juan Guaidó

Publicado o 23/01/2020 22:49
A ministra de Exteriores, Arancha González, recibirá este sábado a Juan Guaidó

A ministra de Asuntos Exteriores, Arancha González Laya, recibirá este sábado o presidente da Asemblea Nacional de Venezuela, Juan Guaidó.

Guaidó, recoñecido como presidente "encargado" por España e máis de 50 países, visitará España como parte da súa xira por Europa para solicitar apoios para lograr un cambio en Venezuela.
Nunha conferencia de prensa celebrada esta tarde no Foro de Davos, onde mantivo numerosos contactos con dirixentes políticos e económicos,  Guaidó restou importancia ao feito de que non lle vaia a recibir o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e sexa a ministra de Asuntos Exteriores, a que vaia a reunirse con el.

O Ministerio de Exteriores aínda non precisou a que hora terá lugar o encontro entre González Laya e  Guaidó.

Esa mesma xornada, Guaidó ten previsto celebrar un acto político público na Porta do Sol de Madrid ás 17 horas organizado pola oposición venezolana en Madrid.

Quen si recibirá a  Guaidó será a presidenta da Comunidad de Madrid, Isabel Díaz  Ayuso, e tamén o alcalde José Luis Martínez Almeida, que xunto á  vicealcaldesa, Begoña  Villacís, entregaralle en Cibeles a Chave de Ouro, unha distinción habitual por parte do Concello aos xefes de Estado que visitan a cidade.

O vicepresidente segundo do Goberno e líder de Podemos, Pablo Iglesias, cualificou este xoves a  Guaidó de "mero dirixente da oposición" e, como tal, considerou que o correcto é que o reciba a ministra de Exteriores e non o presidente do Goberno, Pedro Sánchez.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí