CRTVG

Buscar

A ministra de Educación, Isabel Celáa, asegura que os beneficios da escola son moi superiores aos riscos

Publicado o 30/08/2020 14:55

Ante o inminente inicio do curso e na véspera de que os ministros de Universidades e de Educación comparezan no Congreso para explicar as medidas adoptadas para este inicio, Isabel Celáa asegura que os beneficios da escola son moi superiores aos riscos.

Nunha entrevista hoxe no diario El País, a responsable de Educación insiste na presencialidade e di que os profesores poderán posibilitar o descanso no uso da máscara nun momento determinado de apertura de fiestras. Ademais, dilles ás familias que a educación é un dereito do alumno, non dos pais e nais.

E canto aos problemas de conciliación que poidan aparecer, asegura que o Goberno non deixará soas as familias. 

 

Noticias web

30/08/2020