CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

A ministra de Economía advirte que a suba de impostos será moitísimo maior se non se flexibiliza o déficit

Publicado o 11/09/2018 21:12







A ministra de Economía advirte que a suba de impostos sera moitísimo maior se non se aproba o incremento do obxectivo de déficit que propón o Goberno.

Nadia Calviño asegura que a desaceleración da economía non afecta de momento ás previsións de crecemento de España.

O Goberno prepara novos impostos, ás transaccións financeiras, un mínimo no de sociedades e un incremento para as rendas maís altas. Pero a ministra de economía evita cuantificalos. Di que dependerá de que se aprobe a proposta do Goberno para elevar o déficit público ao 1,8%.

"Se é a senda do Goberno que propoñemos habería unha recadación dun determinado volume. Pero se é a senda que algúns propoñen no Congreso e que suporía un obxectivo de déficit do 1,3%, daquela o aumento impositivo ter que ser moitísimo máis importante", advertiu Calviño.

A ministra pide evitar políticas fiscais irresponsables e o PP cre que o irresponsable é subir os impostos.

"Receita de sempre. Suben os impostos, sube o déficit, sube o gasto e o que pasa é que sube o paro", asegura Pablo Casado.

O Goberno nega motivos de alarma polos indicadores de desaceleración. Di que a economía española é robusta e de momento non van cambiar as previsións de crecemento. Calviño si considera preocupante que en plena recuperación medre a precariedade laboral e o desemprego non baixe do 15%.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

11/09/2018