A ministra de Defensa ás tropas no exterior: "Levades o pavillón de España moi alto"
Publicado o 12/10/2021 14:49
Antes do desfile, a ministra de Defensa mantivo a tradicional videoconferencia coas tropas despregadas no exterior. Margarita Robles conversou cos responsables das diferentes misións das Forzas Armadas e expresoulles o agradecemento polos labores que están realizando.
A ministra destacou o papel que desempeñan en defensa da paz e a liberdade en todo o mundo, dende Iraq ou Somalia ata Afganistán, de onde nestes momentos voa cara a Torrexón outro avión para evacuar persoal que colaborou coa misión española.