Nadia Calviño anuncia unha axuda para os parados que quedaron sen prestacións
Nunha entrevista que publica Faro de Vigo, Nadia Calviño asegura que o goberno central está a traballar nunha nova axuda para os parados que quedaron sen prestacións.
Segundo a ministra de Asuntos Económicos, trataríase de completar a chamada rede de seguridade que o goberno puxo en marcha para cubrir os traballadores máis vulnerables no ámbito da cultura e os parados que esgotaron a súa prestación durante os meses do período de alarma, cando era imposible buscar un emprego.
Nadia Calviño engade que tamén se poden explorar mecanismos para reforzar a solvencia das pemes, do mesmo xeito que xa existe un fondo de apoio á solvencia para empresas estratéxicas de maior tamaño.
Referíndose á pandemia, a Ministra asegura que, cando se atallan as repuntas, a economía amosa gran capacidade de recuperación e creación de emprego.
En pouco tempo teremos ocasión de comprobalo, dado que agora mesmo hai en España 730.000 persoas acollidas a expedientes temporais de regulación de emprego, que, en principio, finalizan o próximo 31 de xaneiro.