CRTVG

Buscar

A metamorfose do Lugo con Juanfran analizado en cifras

Publicado o 11/07/2020 15:20

Sete puntos de nove nos tres primeiros partidos. Ese é o balance de Juanfran á fronte do Lugo. Uns resultados que lle permiten ao equipo manterse vivo na loita pola permanencia en base a unha liña clara, manter a porta a cero. 

Os grandes trocos, con todo, teñen máis que ver coa intensidade e a eficacia realizadora que coa mellora defensiva. Con Curro Torres, o equipo disparaba máis e marcaba menos. Con Juanfran o Lugo rematou sete veces entre os tres paus e logrou seis tantos. Case un cento por cento de acerto.

Outro dato. Nos tres encontros do novo adestrador, os branco e vermellos gañaron máis duelos ca o rival. Nos cinco últimos de Curro, só se impuxo en dous. Ademais, no último partido de Curro Torres ante o Spórting, o Lugo só realizou tres faltas, mentres que nesta etapa de Juanfran, o equipo está a promediar unha media de dezaseis faltas por partido. Isto dános unha idea da mutación que experimentaron os xogadores.

Noticias web

11/07/2020