CRTVG

Buscar

A metade dos mozos sofren risco de perder audición a causa dos auriculares

Publicado o 14/01/2020 15:23

A partir dos 80 decibeles, o son escoitado polos auriculares é perigoso. E canto máis tempo se escoite así, peor. Máis de noite porque os músculos auditivos fatigados xa non protexen igual. Con todo, caros ou baratos, son máis recomendables os que rodean as orellas que os que se meten dentro.

Os auriculares convencionais teñen máis dispersión de son e menos impacto no tímpano. Que sempre poñan o nivel de audición en silencio antes de saír co obxectivo de que o enmascaramento non lles faga subir o volume logo.

Ante os datos da Organización Mundial da Saúde sobre a futura xordeira por estas prácticas, moitas marcas comerciais sacaron auriculares con sistema de cancelación de ruídos.

Para os otorrinos, as discotecas e algúns concertos están totalmente en contra da prevención da xordeira.

Noticias web

14/01/2020

Máis sobre actualidade