CRTVG

Buscar

A metade dos israelís recibiron polo menos a primeira vacina

Publicado o 28/01/2021 23:03

En setembro xa foran os primeiros. Os primeiros en confinar na segunda onda.

Agora, na terceira onda, continúan co terceiro confinamento, pero ao mesmo tempo están ofrecédolle ao mundo esperanza en forma de datos. 

Israel é, con diferenza, o país que máis vacina. En 5 semanas de campaña a metade dos seus nove millóns de habitantes recibiron polo menos a primeira dose. 

E o dato máis esperanzador é que despois da segunda dose o nivel de contaxios demostrouse minúsculo, de só o 0,015 por cento. 

Con todo, a morbilidade segue aínda alta, o que atribúen ás novas cepas, sobre todo a británica. 

A vacinación contra a mutación. Para impedir a entrada das variantes e para evitar sorpresas na campaña de vacinación, estes días pecharon, en palabras de Netanyahu, hermeticamente o ceo.

Mantéñense instalados na cautela ata confirmar nas semanas vindeiras que a vacina é efectiva contra as variantes e descendan drásticamente os casos graves.

No seu plan está conseguir inmunizar a meirande parte da poboación antes de abril. 

A inmensa maioría dos maiores de 60 anos están xa vacinados.
Mentres, séguense vendo protestas dos xudeus ultraortodoxos, que representan un de cada tres contaxios do país.

Noticias web

28/01/2021