CRTVG

Buscar

A metade das españolas de máis de 16 anos sufriu algún tipo de violencia machista

Publicado o 10/09/2020 17:58

A metade das mulleres españolas de máis de 16 anos sufriu algún tipo de violencia física, sexual ou de acoso na súa vida.

É só unha parte da realidade que revela unha macroenquisa elaborada pola Delegación do Goberno contra a violencia de xénero.

Entrevistaron máis de 9.500 mulleres. Un 2% das enquisadas recoñeceu que foron violadas e máis dun 40% padeceu acoso sexual.

En concreto, o 57,3% das mulleres (11,3 millóns) que viven en España sufriu algún tipo de violencia machista: máis de 4 millóns padeceu violencia física, 2,8 millóns violencia sexual e máis de 8 millóns aseguran ser vítima de acoso sexual.

Na presentación dos resultados, a ministra de Igualdade, Irene Montero, anunciou unha estratexia nacional contra as violencias machistas que estará orientada a crear políticas públicas para protexer todas as mulleres vítimas.