A metade da poboación do Salnés, baixo restricións
Publicado o 01/10/2020 19:36
Sanxenxo, xunto con Meis, é un dos últimos concellos do Salnés en ter que aplicar restricións. Contan con 34 casos positivos e outros 44 illados. Ademais destas cifras, para tomar estas medidas, tamén se ten en conta a súa vinculación con outros municipios como Poio ou Pontevedra.
Aquí as reunións limítanse a un máximo de 10 persoas, prohíbense festas e vebenas e a ocupación na hostalería non pode superar o 50%.
O incremento de casos no Salnés nos últimos dez días fixo que máis da metade da poboación viva xa baixo esas medidas restritivas, que xa se aplican en Vilagarcía, Vilanova, Meis e Sanxenxo. En total hai 179 postivos e preto de 300 confinados. A alerta iniciouse cun gromo na empresa AVIGAL, ao que se asocian máis de 100 contaxios.