CRTVG

Buscar

A metade da frota de fresco de Marín paralizou a súa actividade en Mauritania

Publicado o 20/04/2020 14:38

Situación complicada a que está a vivir a frota do fresco de Mauritania. A metade está parada porque non poden facer o relevo da tripulación.

Os mariñeiros que están en Mauritania xa levan tres meses no barco cando aos dous terían que volver. Algunha armadora xa aplicou un ERTE porque non pode mandar a tripulación alí.

As armadoras piden unha solución para poder seguir traballando.

Noticias web

20/04/2020