CRTVG

Buscar

A adestradora Rosa Cano, toda unha institución da esgrima en Galicia desde hai 30 anos

Publicado o 09/02/2019 13:05

Falamos agora dunha muller veterana nun deporte pouco estendido en Galicia: a esgrima. Rosa Cano veu de Colombia hai máis de 30 anos e dende aquela dedicouse a ensinar e promover a esgrima, que para ela é unha verdadeira paixón. Na actualidade segue competindo e animando, sobre todo ás rapazas, a que se inicien neste deporte.

A mestra é Rosa Cano, directora do club de esgrima Ciudad de Vigo, toda unha pioneira neste ámbito. Comezou a practicar coa espada na súa Colombia natal, onde gañou varios campionatos. Aos 18 anos veu para Santiago a estudar e aquí creou o primeiro club de esgrima da cidade.

E de Santiago a Vigo, onde fundou un novo club hai xa dezaoito anos. Cambian as cousas e xa son varias as alumnas que ten en Vigo. Non importa tampouco moito a idade para iniciarse. O importante é sentirse atraído por este deporte que ten moito de xogo mental.

Ademais de formar a nova xeracións de tiradores, Rosa segue competindo internacionalmente na categoría de veteranos. Ten no seu haber varias medallas, hai dous anos foi a terceira en Europa. E claro, todo iso con moito esforzo por iso se emociona cando repasa a súa paixón vital pola esgrima.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/02/2019