CRTVG

Buscar

O Senado amoesta unha senadora de Podemos por enviar un asistente a votar por ela

Publicado o 13/02/2018 14:39

 

A Mesa do Senado amoesta á senadora de Unidos Podemos, Virginia Felipe, por enviar un asistente a votar por ela no último pleno da Cámara Alta. Tamén decidiu de xeito unánime anular ese voto que, segundo a constitución, é persoal e indelegable. A Mesa entende que a discapacidade que ten a senadora non lle impide exercelo coma o resto dos parlamentarios e considera que se trata dun feito grave.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2018