A Mesa do Parlamento reorganiza os grupos para dar entrada a Villares e seus fieis no Mixto
Publicado o 28/06/2019 15:21
Esta mañá, coa reunión da Mesa do Parlamento, comezou a reorganización da Cámara para integrar o Grupo Mixto. Hoxe simplemente se aprobou formalmente a constitución dese grupo, pero quedan outros moitos detalles que se irán concretando nas próximas semanas en vindeiras reunións da Mesa e da Xunta de Voceiros.
Queda por saber onde van sentar dentro do hemiciclo ou como se van repartir os tempos nas intervencións e outro punto ben importante: o económico, como se van reorganizar as partidas destinadas aos grupos. Hoxe comezou todo o proceso.
Dende o Parlamento aseguran que intentarán que todo sexa o máis áxil posible para que o Grupo Mixto comece a traballar canto antes con normalidade.