A Mesa do Parlamento galego reorganiza os grupos
Publicado o 28/06/2019 09:43
A Mesa de Parlamento de Galicia vai reorganizar esta mañá a distribución dos grupos parlamentarios. Ademais da organización física, é dicir, onde se vai sentar cada un, distribuiranse as partidas económicas para cada grupo.
O novo Grupo Mixto, formado por Luís Villares e os deputados que marcharon de En Marea, terá un presuposto de 200.000 euros. Nesta reorganización, a peor parte podería levala o BNG, que perdería o dereito a preguntarlle ao presidente da Xunta en cada sesión de control e só tería a opción de facelo cada dúas sesións.