CRTVG

Buscar

A Mesa do Parlamento aproba normas de decoro entre críticas da oposición

Publicado o 09/09/2019 21:21

Creouse unha polémica esta tarde no Parlamento. A Mesa aprobou unhas normas de uso e de decoro dentro da cámara que provocaron a crítica da oposición. O documento foi aprobado só cos voto do Grupo Popular.

O presidente, Miguel Ángel Santalices, asegura que só se poñen por escrito cousas que xa se viñan facendo por costume e por lóxica. A oposición cre que se trata dunha "volta de porca" e dunha limitación democrática.

As normas prevén que haxa que pedir autorización para usar determinadas salas. Ademais, prohíbense pancartas ou camisolas con lemas que ofendan partidos ou persoas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/09/2019