CRTVG

Buscar

O Congreso suspende os catro deputados cataláns presos

Publicado o 24/05/2019 19:32

• Batet anuncia a decisión conforme ao informe emitido polos letrados das Cortes

• PP e Ciudadanos defendían a suspensión sen agardar aos servizos xurídicos

Meritxell Batet, presidenta do Congreso: "A Mesa do Congreso dos Deputados acordou declarar automaticamente suspendidos aos afectados no exercicio do cargo con efectos de 21 de maio de 2019"

A decisión da Mesa do Congreso ten efectos desde o mesmo momento en que Oriol Junqueras, Jordi Sánchez, Josep Rull e Jordi Turull tomaron posesión do escano. Perden os seus dereitos como deputados en función da Lei de axuizamento criminal, que prevé a suspensión dos cargos públicos procesados por rebelión que estean en prisión preventiva. Co informe favorable dos letrados, os 7 representantes do PSOE, PP e Ciudadanos apoiaron a medida. Unidos Podemos opúxose.

Irene Montero, de Unidas Podemos, cre que é  "unha decisión coa que manifestamos o noso desacordo e que entendemos que debía tomar o Tribunal Supremo"

PP e Ciudadanos critican o atraso de 48 horas nunha decisión que consideraban inevitable.

José Manuel Villegas, de Ciudadanos, di que "estivo facendo o ridículo durante estes días, permitindo que se humille os españois"

Teodoro García Egea, do PP , cre que "por fin a presidenta do Congreso fixo caso ás demandas do Partido Popular que torceron o brazo da militante do Partido Socialista de Cataluña que hoxe temos por presidenta do Congreso, a señora Batet"

Junts Per Cat e Esquerra pedirán á Mesa que reconsidere a decisión antes de levala ante o Tribunal Constitucional e, se é preciso, a instancias internacionais. Oriol Junqueras, que este domingo concorre ás europeas, cre que a súa entrada no Europarlamento será o mellor xeito de denunciar a represion do Estado español.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí