CRTVG

Buscar

A Mesa da Cámara rexeita que o grupo de Villares se chame En Marea

Publicado o 02/07/2019 12:01

Abrimos a páxina política galega co complexo panorama que se abre no Parlamento coa escisión do grupo da chamada esquerda rupturista. Luís Villares e os seus tres compañeiros presentaron o novo Grupo Mixto.

Fixérono baixo a denominación de En Marea, aínda que a Mesa da Cámara rexeitou este pedimento, di que o nome só o poden usar os 10 deputados que quedaron no grupo. Máis complexo que o asunto do nome vai ser o novo reparto de tempos e intervencións, que ou se resolve por consenso ou se aplicará o regulamento, o que pode prexudicar o BNG. O ex-maxistrado lamentou que non provocara antes a escisión e confía en volver ilusionar o electorado, pensando xa nas próximas autonómicas.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/07/2019