CRTVG

Buscar

A Merluzateca de Pontevedra reinventa o xeito de comer pescada

Publicado o 03/10/2019 13:50

Ouro para facer a cobertura do paté de pescada. Si, si, ouro. É a receita máis relucente que serven na Merluzateca. Tamén teñen pratos algo máis clásicos pero aos que lle dan unha reviravolta coma esta empanada envolta de pescada ou uns petiscos de pescada afumada e non poderían faltar unhas croquetas de pescada.

"A fritada vai con pescada negra, que é moi zumarenta é fresca, vén todos os martes para nós dos barcos de Marín. Despois temos a pescada rosada que é unha pescada conxelada que ven dende A Arxentina, que traballamos, e parécese moito ao marisco e facémola en arroz. E despois temos a pescada branca que a traballamos coa empanada, que a traballamos coma se fora bacallao", di Alfonso Díaz, dono da Merluzateca. 

Unha idea única que se enmarca dentro do espazo gastronómico na praza de Pontevedra. Quere render homenaxe a este peixe tan noso e, sobre todo, defender unha tradición de pesca moi arraigada en Marín.

"En Marín, o cento por cento do peixe, de pescada negra que se vende en España son barcos de Marín. Entón en Marín estmos moi afeitos á "pixota", á pescada. É un xeito de ensinala dende Pontevedra, para o mundo e para España traballando coa pescada da terra", asegura Alfonso.

Trátase de darlle pracer ao padal e tamén de defender o esforzo dos mariñeiros nunha degustación que amosa o potencial gastronómico que ten a pescada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/10/2019