CRTVG

Buscar

A menos de dúas semanas para a investidura as negociacións están en punto morto

Publicado o 11/07/2019 09:06

PSOE e Podemos mantiveron contactos nas últimas horas para poñer data a outra xuntanza. A menos de dúas semanas para a investidura de Pedro Sánchez as negociacións entre ambas as formacións están en punto morto. 

Tras lanzárense reproches e acusacións cruzadas, PSOE e Podemos volveron falar para fixar outra reunión con vistas á investidura de Pedro Sánchez. A formación de Pablo Iglesias pide que se levanten os vetos. O PSOE mantense firme na fórmula do goberno de cooperación.

66 deputados do PSOE, entre eles Adriana Lastra ou José Luis Ábalos, acaban de asinar unha carta pedíndolle ao PP que se absteña sen condicións para que goberne Sánchez, igual que fixo a maioría do grupo socialista con Rajoy en 2016.

Desde o PP reiteran que a súa postura seguirá sendo a do non a Pedro Sánchez.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/07/2019