CRTVG

Buscar

A menor de 17 anos detida en Banyoles confesa que é a autora da morte da súa nai

Publicado o 11/01/2019 08:33

Os Mossos d'Esquadra investigan as circunstancias deste matricidio que saíu á luz cando o fillo maior da vítima se achegou á vivenda familiar e atopou o cadáver da súa nai, con varias coiteladas. No piso había tamén unha nota manuscrita onde a filla admitía implicitamente o crime e daba datos de dous lugares onde pretendía sucidarse.

Os axentes atoparon a presunta asasina nunha segunda vivenda da familia. Segundo transcendeu, a moza, de 17 anos, confesou o crime perante a comitiva xudicial, durante a reconstrución dos feitos.

Algunhas fontes apuntan a que a rapaza, nacida en Rusia e adoptada hai anos, tiña problemas psicolóxicos e que a miúdo se escoitaban discusións na vivenda. Hoxe pasará a disposición da Fiscalía de Menores.

Noticias web

11/01/2019