CRTVG

Buscar

"A Memoria do Sal", unha homenaxe aos mariñeiros xubilados

Publicado o 31/07/2016 12:29

Salvador Santos e José Iglesias, dous mariñeiros xubilados, contan a historia

No Morrazo un grupo fotógrafos afeccionados deron xa hai uns anos en formar o Colectivo Abrenoite. Veñen de facer unha exposición ben interesante. Toda unha homenaxe aos homes do mar. Fotografías, un libro e un documental recollen as vidas dos mariñeiros da zona. O nome é ben fermoso: a memoria do sal.

O mundo do mar, tan duro, tan esforzado e tan descoñecido para algunha xente, ben merece esa homenaxe. Dous deses protagonistas están aquí. Son retratadores e retratados. Fotógrafos e mariñeiros, cunha historia impresionante, como todas as do mar. Salvador Santos e José Iglesias.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/07/2016