CRTVG

Buscar

A Revista Fin de Semana

"A memoria da raia", un documental sobre a historia fronteiriza entre as comarcas de Chaves e Monterrei

Publicado o 15/09/2018 13:41

A fin de semana pasada estreouse en Verín o documental "A Memoria da Raia". Dirixido por dúas mozas da comarca de Monterrei, o documental trata sobre o territorio ao que pertencen, a coñecida como A Raia, a fronteira con Portugal. Na obra poñen en valor a cultura e a idiosincrasia comun e feitos significativos como axuda aos fuxidos na Guerra Civil e o contrabando.






A memoria da raia pretende manter viva a memoria do pasado recente dun territorio, o da raia seca nas terras de Monterrei no lado galego e as de Braga no portugués, que ten un xeito de vivir común, cunha lingua particular, cunha economía que durante un tempo se baseou no estraperlo, no contrabando, e cunha labor solidaria durante a Guerra Civil e nos anos de posguerra axudando a escapara aos perseguidos.



O documental ten unha parte dramatizada na que actores dan vida a personaxes do pasado, e outra parte máis documental con declaracións de veciños dos dosu lados da raia