A mellora das condicións meteorolóxicas axudan a estabilizar o incendio de Ávila
Terceira noite de loita contra o lume en Ávila. O incendio segue activo na zona sur de Navalacruz que está máis deshabitada. As lapas devoraron entre 12.000 hectáreas segundo as autoridades e 20.000 segundo os conservacionistas.
O vento amainou e as temperaturas baixaron, o que favoreceu as tarefas de extinción. Están a volver ás súas casas un milleiro de persoas de oito localidades que foron desaloxadas das súas vivendas.
Gran parte do incendio está perimetrado, as autoridades móstranse cautelosas e algo optimistas.
Aínda así, o lume pode reactivarse e avanzan que é posible que se tarden bastante días en lograr a total extinción do incendio que polo momento está a ser o máis devastador do ano, e un dos peores dos últimos 30 anos en Castela e León. O Goberno de Castela e León prometeu axudas ao sector gandeiro.
Tamén en Tarifa loitan contra o lume. 93 persoas tiveron que ser desaloxadas nun incendio que está controlado. En Huelva outro incendio en Bonares obrigou a desaloxar 20 persoas. Está estabilizado.
En Valencia producíronse 40 incendios nos últimos catro días.