CRTVG

Buscar

Edurne gaña o concurso

Publicado o 09/07/2019 13:59

Midón Edurne Maximus é a vaca gran campioa da vinte e cinco edición do Concurso de Frisón Feiradeza. Esta vaca pertence á explotación Midón, da parroquia lalinense de Barcia, propiedade da familia de Avelino Souto Rozados, un mozo manexador e ganadeiro que ten afección polos concursos do rural. 

Esta é Edurne, a vaca gran campioa da vinte e cinco edición do Concurso de Gando Frisón Feiradeza. Midon Edurne Maximus é o nome completo desta vaca á que tanto miman Avelino e a súa familia, os donos da Gandería Midón, a explotación na que naceu Edurne. Na edición do pasado ano do Feiradeza, Edurne gañou o premio á mellor vaca nova, polo que as súas cualidades xa eran evidentes dende que era unha becerra. Para que isto sexa posible é necesario tempo e dedicación, algo que aplica con rigorosidade a familia de Avelino.A pesar do cansazo e do tempo que ocupan estes concursos, Avelino recorda esta edición do Feiradeza con ilusión e leva grandes recordos e anécdotas que contar.Con este entusiasmo, Avelino e a súa familia seguirán mimando a Edurne, a vaca que os levou a gañar o concurso do Feiradeza deste ano.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/07/2019