CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

A mellor incubadora de embrións do mundo está no Hospital Clínico de Santiago

Publicado o 12/09/2018 18:36

A Unidade de Reprodución Humana Asistida do Hospital Clínico Universitario de Santiago estrea tecnoloxía de última xeración.Permite incubar embrións tal e como se faría dentro do útero materno.

Chámase incubador MIRI TL6 SAFE Sens e con el o cultivo de embrións vai ser moi semellante ao que ocorre dentro do útero da nai.

A nova incubadora permite un seguimento fotográfico cada 5 minutos.

Con ela pódese seleccionar dunha maneira máis eficaz os mellores embrións para a súa transferencia ao útero materno.

O Clínico é o primeiro hospital do mundo en utilizar esta tecnoloxía.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí