CRTVG

Buscar

A mellor cociñeira de América Latina, no Fórum Gastronómico da Coruña

Publicado o 11/03/2019 16:18

Formigas limoeiras, arazá, mambe, ñeque... Leo Espinosa, a mellor cociñeira de América Latina, trouxo ata A Coruña os sabores dos pobos índixenas de Colombia. Un tesouro culinario que esta activista dá a coñecer para beneficio das comunidades campesiñas.

Tamén as nosas mellores cociñeiras apostan polo produto local e por aproveitar todo o potencial das nosas hortas cun chisco de imaxinación.

A tradición panadeira galega, cos seus bolos, empanadas e postres ancestrais, ábrese camiño no mundo da alta cociña.

No Fórum aprendemos a maridar toda esta riqueza con viño e cervexa do país. Mellor se nola serve o gañadar deste concurso onde se nomea o mellor tirador de Galicia. Unha das actividades máis concorridas nesta gran cita dos profesionais da gastronomía.






 

Noticias web

11/03/2019