CRTVG

Buscar

A mellor arte contemporánea móstrase na Cidade da Cultura

Publicado o 18/03/2021 21:08

A través dunha escolma dunha das coleccións máis relevantes de arte contemporáneo de España o deseño expositivo escollido pola comisaria Bea Espejo recrea o interior dunha balea. No ventre atopamos unha instalación destacada cunha lura xigante e toda a mostra toma como referencia a forma de cetáceo do Museo Gaiás que inspirou o seu arquitecto Peter Eisenman.

A colección privada de Carlos Rosón, declarada ben de interese cultural, sae por primeira vez da súa sede de Pontevedra para exhibirse noutro lugar de Galicia. Máis de 50 obras de importantísimos artistas galegos, nacionais e internacionais como Angela de la Cruz, Aballi ou Baldessari.
Este percorrido cromático e convertido nunha experiencia visual única poderá desfrutarse no Gaiás ata o 5 de Setembro.

Noticias web

18/03/2021