CRTVG

Buscar

A médica Ozó Ibeziako difunde a súa loita a prol das mulleres africanas en Galicia

Publicado o 01/03/2019 19:35

Estes días está en Galicia a doutora Ozo Ibeziako, premiada pola ONG Harambee polo seu traballo a prol da promoción e a igualdade da muller africana. Esta doutora leva a cabo un proxecto nun dos suburbios marxinais de Johanesburgo, en Suráfrica, para apoiar as rapazas a acadar os seus soños.

Hai sete anos que esta médica de familia se adentrou nun dos suburbios máis marxinais de Johanesburgo, en Sudáfrica, para ofrecer posibilidades de futuro ás mozas. O proxecto Art of living busca empoderar ás mulleres nunha zona de pobreza.

O seu traballo fíxoa merecedora do premio da ONG internacional Harambee á promoción da muller africana. Estes días está en Galicia ofrecendo conferencias sobre a labor que realizan en Alexandra.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/03/2019