CRTVG

Buscar

A mediados de setembro temos temperaturas máis propias do mes de xullo e de agosto

Publicado o 13/09/2020 20:51

Rías Altas, domingo máis caloroso do mes de setembro. 35,6 graos. De feito de tódolos setembros desde que existen rexistros de temperaturas, hai noventa anos. Despois dunha noite propia dos países caribeños, por exemplo en Fisterra non baixaron dos 27 graos, os coruñeses e algúns turistas optaron polo refresco dun domingo de praia. Este que ven é o areal de Santa Cristina, en Oleiros, onde chegaron á mañá aos 31 graos.

Nas Rías Baixas á noite non baixaron dos 25 graos. En praias coma esta urbana de Vigo, a de Samil, chegaron case aos 35. Nunha semana estaremos dando a benvida ao outono.
Tamén en alerta amarela por calor, aínda que aquí xa están ben acostumados, estiveron este domingo en Ourense. Chegaron aos 36 graos. O punto galego máis caloroso foi Leiro. Meteogalicia rexistrou 38 graos ás 15:20 horas. Estamos no Ribeiro.

MeteoGalicia prevé un xiro de guión o luns. O verán do coronavirus despedirase con chuvias e temperaturas arredor dos 20 graos.

Noticias web

13/09/2020